É un programa de Actividades Físicas Adaptadas deseñado para persoas con discapacidade. Os obxectivos son os seguintes:
• Mellorar a Autonomía Persoal.
• Xerar hábitos saudables.
• Facilitar a integración social.
• Favorecer o lecer saudable.
• Facilitar o desenvolvemento da autoestima.
Conta con catro quendas (entre 8 e 10 persoas participantes en cada unha) distribuídas do seguinte modo:
- 1ª quenda: 31 de xullo (domingo) ata o 5 de agosto (venres).
- 2ª quenda: 7 de agosto (domingo) ata o 12 de agosto (venres).
- 3ª quenda: 14 de agosto (domingo) ata o 19 de agosto (venres).
- 4ª quenda: 21 de agosto (domingo) ata o 26 de agosto (venres).
O aloxamento será na residencia Rialta (A Zapateira – Culleredo), en habitacións dobres. Cada grupo de participantes estará acompañado por dúas persoas monitoras da Fundación María José Jove.
As actividades que se desenvolverán no Campamento de Verán serán as seguintes: vela, piragüismo, praia e visitas culturais na cidade da Coruña.
HORARIO | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
| Piragüismo | Piragüismo | Piragüismo | Piragüismo | Piragüismo |
| Vela | Vela | Vela | Vela | Vela |
| Comida | Comida | Comida | Comida | Comida |
| Praia | Visita á Casa das Ciencias | Praia | Visita ao Aquarium | Regreso a casa |
O campamento de verán é totalmente gratuíto. O traslado do lugar de residencia da persoa a Rialta e viceversa correrá a conta da persoa.