viernes, 30 de septiembre de 2011

Enquisa sobre a fatiga

A través de AEDEM chéganos a iniciativa da Federación Internacional de EM. Están a realizar unha enquisa sobre como afecta a fatiga en afectados de EM. O prazo para cubrila remata o 1 de novembro. Os resultados da enquisa serán publicados na revista In Focus.

A enquisa pode cubrirse por internet e so vos levará uns cinco minutos, este é o enlace: http://www.surveymonkey.com/s/GHYP2W7

Se vos interesa, tamén lle podedes botar unha ollada a un especial sobre a fatiga da revista In Focus do 2003 nesta dirección:
 http://www.msif.org/docs/MSinFocusIssue1ES.pdf

jueves, 29 de septiembre de 2011

Esfuerza Invierno 2011

Lembrámosvos que está aberto o prazo de matrícula no programa Esfuerza Invierno 2011 da Fundación Mª José Jove. Quedan prazas na actividade de piragüismo, así que se estades interesados: adiante!

Tamén aproveitamos e poñemos unha ligazón dun programa emitido este sábado pasado en Informe Semanal, titulado El silencio de los ricos. Ademais de falar do reparto de carga fiscal por parte das grandes fortunas, tamén falan dos programas sociais que poñen en marcha a través das Fundacións. No minuto 8:20 aparece o programa Esfuerza da Fundación Mª José Jove e a usuarios e monitores falando das actividades que alí realizan, entre eles, Sonia García Erias.

sábado, 24 de septiembre de 2011

Novo transporte adaptado

Volvemos de novo á actividade neste mes de setembro e con novidades. Grazas á Fundación Once e á Deputación de A Coruña temos novo transporte adaptado.

Deixámosvos algunhas fotos e esperámosvos pola asociación!