jueves, 24 de noviembre de 2011

Comezamos actividades de Terapia en piscina

Os interesados en Terapia en Piscina pódense poñer xa en contacto coa Asociación, ben persoalmente, ben telefonicamente no 981 240 985.

A actividade terá lugar os martes e xoves de 10:45 a 11:30 h na Casa del Agua baixo a supervisión dun monitor. O prezo mensual da actividade será de 15 euros.

Agardámosvos na piscina!

Os traballos de Terapia Ocupacional

Grazas a AEDEM, podemos contar cunha Terapeuta Ocupacional na Asociación. Esta é unha mostra dos traballos que foron facendo ao longo deste ano:









A nosa sala de fisioterapia

Como todos sabedes a rehabilitación física é un pilar importante na esclerose múltiple e, desta vez, queriamos amosarlle aos nosos socios a nosa sala de fisioterapia e animarvos a todos a facer uso das instalacións.









miércoles, 23 de noviembre de 2011

Acordo de colaboración co COFC

Esta mañá no Centro Domingo García Sabell firmouse un acordo de colaboración entre o COFC e 14 asociacións de enfermos, entre as que se atopa a Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple.

Neste convenio o COFC pon á nosa disposición as súas canles de comunicación para difundir información sobre problemas de saúde, prevención e información de contacto destas Asociacións, así como difundir a través das farmacias da provincia información sobre as actividades que se levan a cabo.

Tamén pon á nosa disposición o CIM (Centro de  Información do Medicamento) para dar resposta a estas asociacións sobre tratamentos, información sobre tratamentos novos así como a posibilidade de organizar de forma conxunta charlas informativas e outras actividades públicas de formación e promoción de hábitos saudables para a poboación.

Nesta firma Rosa Lendoiro, presidenta do COFC, explicou os puntos deste convenio amosando o seu apoio a todas as asociacións. Tamén falaron a presidenta de AFACO, Mª del Carmen Martínez, denunciando a diminución de axudas a estas entidades e Carmen López, directora técnica de FEGEREC, constatando un novo problema  no colectivo que agrupan estas asociacións, aos problemas de saúde únense os problemas económicos tendo que botar man cada vez máis doutras institucións coma Cáritas ou Cruz Vermella.

Máis informacion en FEGEREC.


lunes, 21 de noviembre de 2011

Información sobre axudas e subvencións

Dende o Departamento de Traballo Social de FEGEREC infórmannos das seguintes convocatorias:

 -Axudas de emerxencia social para familias da Fundación Barrié para o ano 2011 
Programa levado a cabo pola Fundación Barrié de la Maza en colaboración con Cáritas para familias residentes en Galicia e que visen a súa situación económica afectada de xeito significativo debido, fundamentalmente, á perda de emprego de un ou máis membros da mesma. Trátase de axudas puntuais e directas. O prazo de presentación é ata o 31 de decembro de 2011.

 -Subvencións destinadas á cidadáns para novas conexións a Internet:
Destinada a familias nas que a renta per cápita non supere os 9.000 euros anuais.

 -Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras do Fondo de Asistencia Social e de persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.


Estamos pendentes da notificación da convocatoria do Bono Taxi e dos programas de termalismo e vacacións para persoas con discapacidade.

Para máis información sobre calquera destas e doutras axudas ou trámites (certificado de minusvalía, tarxeta de aparcamento de minusválidos, Lei da Dependencia etc) podedes chamar á FEGEREC ao seguinte teléfono 981 234 651 e poñervos en contacto coa Traballadora Social.

martes, 15 de noviembre de 2011

Asistencia á Asamblea Xeral Extraordinaria AEDEM-COCEMFE

O pasado sábado 12 de novembro, dúas membros da Xunta Directiva de ACEM (Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple) asistiron á Asamblea Xeral Extraordinaria de AEDEM-COCEMFE, onde se votou a nova Xunta Directiva de AEDEM-COCEMFE.

A candidatura gañadora foi a presentada por Gerardo García Perales, pertencente á Asociación de EM de Madrid, e esta é a nova Xunta Directiva.


  • • Presidente: D. Gerardo García Perales, pertenece a la Asociación de EM de Madrid
  • • Secretario General: D. Baltasar del Moral Majado, de la Asociación Malagueña de EM
  • • Vicepresidente 1º: D. Constantino Guzmán Rodríguez , de la Asociación Orensana de EM
  • • Vicepresidente 2º: D. Alberto del Pino Bonilla, de la Asociación de Getafe de EM
  • • Secretario de Finanzas: D. Eugenio Peñalver Peñalver, de la Asociación Murciana de EM 
  • • Vocales:
        Dña. Juana Mª Vico Muro, de la Asociación de EM de Collado Villalba
        D. José Valero Semper, de la Asociación de EM de Elche y Crevillente
        D. Juan Gámez Carmona, de la Asociación Jienense de EM “Virgen del Carmen”
        D. Emilio Rodríguez Fuentes, de la Asociación Asturiana de EM
        Dña. Marina Román Doniz, de la Asociación Viguesa de EM

Parabéns e moito ánimo nesta andanza.


Nova en AEDEM-COCEMFE

lunes, 14 de noviembre de 2011

Os nosos socios

Entre os nosos socios contamos con Antonio León, un cantante coruñes que comezou a súa carreira dando concertos no Lautrec e que formou parte do grupo Tirando P´alante que chegaron a ser finalistas no concurso Ducados Music 2001. Antonio mantén contactos entre moita xente relacionada co mundo da música da cidade, entre eles os Moondogs Blues Party ou César de Centi.

Antonio continúa a facer música e podédela escoitar no seu myspace ou no youtube:

http://www.myspace.com/esantonioleones




Antonio ten un disco grabado que se pode adquirir no Centro Domingo García Sabell a un prezo de 3 euros...se estades pensando regalos para navidade, aquí xa tedes unha idea!

Búscase maquetador/a con EM

María Paz Giambastiani é a autora do blogue teneresclerosismultiple.blogspot.com, lugar onde vai deitando os seus pensamentos, vivencias etc e a súa relación coa esclerose múltiple. Ademais de ser un blogue interesante polo contido no que moitos nos podemos ver reflexados hoxe tamén nos dá outra nova: está buscando un maquetador/a con EM para un libro.

Os interesados poden poñerse en contacto con ela a través do seguinte correo electrónico: mptg1971@gmail.com

viernes, 11 de noviembre de 2011

Cursos da Aula Net do Centro Domingo García Sabell

O Centro Domingo García Sabell pon á disposición dos seus usuarios varios cursos a través da súa Aula Net durante os meses de novembro e decembro, todos eles de 17:00 a 18:30 horas.

Se queredes apuntarvos a algún deles so tedes que chamar ao teléfono do Centro: 981 240 824 ou falar coa consexe directamente. Estes son os cursos impartidos:

Taller de Word avanzado
9, 10, 14, 15, 16 e 17 de novembro.
Para practicar e ampliar as posibilidades neste procesador de textos.


Obradoiro “Navegando en Internet”
21, 22, 23 e 24 de novembro.
Como e onde atopar novas e información, como crear un correo electrónico e consultalo, compras en Internet etc

Obradoiro “O meu foro”
21, 22, 23 e 24 de novembro.
Como crear un foro gratuíto e compartir as experiencias e aficións, coñecer xente etc 

obradoiro de Fotografía dixital
12, 13, 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de decembro.
Retoque de fotografías dixitais con programas específicos.


Convenio de colaboración co Concello de A Coruña

O Concello de A Coruña ven de firmar coa Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple un convenio de colaboración, así coma con outras tres entidades máis (Asociación de Ex-alcohólicos de A Coruña, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Asociación Párkinson Galicia, coa que compartimos local).

A cantidade coa que o Concello colabora coa nosa asociación é de 6.000 euros.

Ligazóns á nova:

La Voz de Galicia
Comunicado de Prensa de Servizos Sociais do Concello de A Coruña

Preparando o Día Nacional da Esclerose Múltiple

Como xa sabedes o 18 de decembro é o Día Nacional da Esclerose Múltiple.

Este ano, ao igual que os anteriores, sairemos o día 16 á rúa e visitaremos os centros comerciais da Coruña instalando mesas informativas e petitorias.

Se queredes colaborar e acompañarnos nese día podedes contactar con nós no teléfono 981 240 985, estariámosvos moi agradecidos de contar coa vosa axuda.

Moitas grazas!

Cea de Nadal

Xa estamos pensando no Nadal e temos organizada unha Cea que será o sábado 10 de decembro ás 21:30 h no Clube do Mar de San Amaro. O prezo da cea será arredor de 25-30 euros.

Na cea xuntarémonos tanto membros de ACEM coma doutras asociacións membros de FEGEREC e do Centro Domingo García Sabell.

Para máis información e anotarvos á cea chamade ao teléfono da Asociación: 981 240 985.

Agardámosvos alí!