miércoles, 23 de noviembre de 2011

Acordo de colaboración co COFC

Esta mañá no Centro Domingo García Sabell firmouse un acordo de colaboración entre o COFC e 14 asociacións de enfermos, entre as que se atopa a Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple.

Neste convenio o COFC pon á nosa disposición as súas canles de comunicación para difundir información sobre problemas de saúde, prevención e información de contacto destas Asociacións, así como difundir a través das farmacias da provincia información sobre as actividades que se levan a cabo.

Tamén pon á nosa disposición o CIM (Centro de  Información do Medicamento) para dar resposta a estas asociacións sobre tratamentos, información sobre tratamentos novos así como a posibilidade de organizar de forma conxunta charlas informativas e outras actividades públicas de formación e promoción de hábitos saudables para a poboación.

Nesta firma Rosa Lendoiro, presidenta do COFC, explicou os puntos deste convenio amosando o seu apoio a todas as asociacións. Tamén falaron a presidenta de AFACO, Mª del Carmen Martínez, denunciando a diminución de axudas a estas entidades e Carmen López, directora técnica de FEGEREC, constatando un novo problema  no colectivo que agrupan estas asociacións, aos problemas de saúde únense os problemas económicos tendo que botar man cada vez máis doutras institucións coma Cáritas ou Cruz Vermella.

Máis informacion en FEGEREC.


No hay comentarios:

Publicar un comentario