O domingo 18 de decembro é o Día Nacional da Esclerose Múltiple. En ACEM adiantámosnos á data e hoxe poñeremos mesas informativas e petitorias nas rúas e Centros Comerciais de Coruña.
O mal tempo pode que dificulte e/ou imposibilite a colocación das mesas que estaban previstas na rúa: os Cantóns, Monte Alto, rúa Barcelona, Juan Flórez, Praza de Lugo e Praza do Maestro Mateo.
As que si se manterán serán as mesas en Ministerios e no Corte Inglés-CC Cuatro Caminos, Carrefour de Alfonso Molina, Marineda City e Espacio Coruña.
Hoxe, en Ferrol, tamén haberá unha mesa no Hipercor.
Mañá, en Sada, poñeremos unha mesa mentres se celebra o Feirón.
O obxectivo deste día é sensibilizar e dar a coñecer á poboación esta enfermidade neurodexenerativa e autoinmune, que constitúe a primeira causa de discapacidade non traumática entre a xuventude. Nas mesas tamén se farán cuestacións para recaudar fondos para a asociación.
Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración a todos os nosos socios e familiares, aos voluntarios de Cruz Roja e da delegación coruñesa da Asociación Española contra o Cancro e ás nosas traballadoras.
Contamos contigo neste día!
Novas relacionadas:
La Opinión
Coruña Online
No hay comentarios:
Publicar un comentario