miércoles, 22 de junio de 2011

Campamento de Verán Esfuerza 2011

Infórmannos dende COGAMI que, en colaboración coa Fundación Mª José Jove, ten aberto o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán Esfuerza 2011. As persoas interesadas en participar neste campamento débense apuntar antes do 1 de xullo e para iso e para máis información podedes poñervos en contacto coa Asociación.


É un programa de Actividades Físicas Adaptadas deseñado para persoas con discapacidade. Os obxectivos son os seguintes:

• Mellorar a Autonomía Persoal.
• Xerar hábitos saudables.
• Facilitar a integración social.
• Favorecer o lecer saudable.
• Facilitar o desenvolvemento da autoestima.


Conta con catro quendas (entre 8 e 10 persoas participantes en cada unha) distribuídas do seguinte modo:

-         1ª quenda: 31 de xullo (domingo) ata o 5 de agosto (venres).
-         2ª quenda: 7 de agosto (domingo) ata o 12 de agosto (venres).
-         3ª quenda: 14 de agosto (domingo) ata o 19 de agosto (venres).
-         4ª quenda: 21 de agosto (domingo) ata o 26 de agosto (venres).

O aloxamento será na residencia Rialta (A Zapateira – Culleredo), en habitacións dobres. Cada grupo de participantes estará acompañado por dúas persoas monitoras da Fundación María José Jove.

As actividades que se desenvolverán no Campamento de Verán serán as seguintes: vela, piragüismo, praia e visitas culturais na cidade da Coruña.

HORARIO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
10:00 - 12:30
Piragüismo
Piragüismo
Piragüismo
Piragüismo
Piragüismo
12:30 - 15:00
Vela
Vela
Vela
Vela
Vela
15:00 - 16:00
Comida
Comida
Comida
Comida
Comida
16:30 - 18:00
Praia
Visita á Casa das Ciencias
Praia
Visita ao Aquarium
Regreso a casa


O campamento de verán é totalmente gratuíto. O traslado do lugar de residencia da persoa a Rialta e viceversa correrá a conta da persoa.


Sardiñada na Asociación

Queremos informarvos de que o venres 1 de xullo no Centro Municipal Asociativo "Domingo García Sabell" organizaremos unha Sardiñada a partir das 17.00 horas da tarde. Haberá pan, sardiñas, empanada, viño e queimada. A tarde estará amenizada pola Coral de Culleredo.

Tamén haberá un concurso de tortillas e teremos dous premios, un ao mellor sabor e outra á máis orixinal.

Todos aqueles socios que queirades asistir podedes chamar aos seguintes teléfonos antes do 24 de xuño e aportar 1 euro por persoa:
-Acem 981 240 985
-Centro 981 184 378

Animádevos que vos agardamos!