Os vindeiros días 10, 11, 12 e 13 de maio terá lugar o II Open
Internacional Cidade de A Coruña de Tenis en Cadeira de Rodas na Escola de
Tenis Marineda en Cambre- A Coruña. Como o pasado ano, podemos
asistir; este ano non só a ver o torneo e visitar a exposición (carpa con
expositores de axudas técnicas, material ortopédico, material deportivo,...)
senón tamén a recibir unha clase de tenis así como realizar actividades
paralelas como pode ser facer unha ruta do Camiño de Santiago que pasa por
Cambre en bicicletas adaptadas, en cadeiras ou a pé, visitar o Aquarium de A
Coruña, etc.
Aqueles que queirades
participar, teredes que remitirnos un correo electrónico a acemesclerosis@telefonica.net ou chamar o 981 240985. DATA LIMITE 31 de xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario